Monday 06 de May de 2024

Restricións do tráfico e medidas de seguridade con gallo do III Festival das Ondas Urbanas


 

Con motivo do III Festival das Ondas Urbanas deste sábado día 3 de outubro a partir das 20.00h. na Praza do Alcalde Ramón José Souto González, a Alcaldía de Fene publicou hoxe un bando informando á veciñanza sobre os seguintes aspectos de seguridade e regulación do tráfico que se deberán ter en conta:

Non se poderá aparcar na Avda. do Concello desde ás 16.00 ata as 23.00 horas do sábado, día 3 de outubro. Tamén queda prohibida a circulación durante ese intervalo horario.

Por razóns de control da capacidade do espazo recoméndase a RESERVA DE ENTRADA AO ESPECTÁCULO, que deberá facerse a través da páxina: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/

A reserva de entradas perderá vixencia se non se está na fila de entrada 15 minutos antes do comezo dos espectáculos. A partir dese momento admitirase a entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa espazo dispoñible para garantir a separación interpersoal no recinto.

Aos efectos da dar cumprimento aos protocolos de seguridade, os datos das persoas
asistentes poderán ser verificados pola organización para o acceso aos recintos.